Mellor sería practicar

Dromtönpa veu dunha volta a un monxe facendo circunvalacións e intuíu que as facía por un motivo mundano. Sinalou: “É bo facer circunvalacións, pero mellor sería practicar”. Máis tarde, veu ao mesmo monxe facendo prostracións. “As prostracións son boas -díxolle-, pero mellor sería practicar”. Pasado un tempo, o monxe comezou a facer meditación e Dromtönpa volveu a sinalar que facer retiros era loable, pero que mellor sería practicar. Por fin, o monxe, que para entón xa estaba perplexo, preguntoulle que quería dicir con iso de practicar. Dromtönpa respondeu que significaba abandonar a nosa preocupación por esta vida e desenvolver o amor e a compaixón auténticos.

Se o que facemos é para esta vida, é unha empresa mundana, tanto ten o moito que semelle unha práctica espiritual. Se non superamos esa preocupación, non somos auténticos practicantes. Se non superamos a nosa preocupación polo benestar das nosas vidas futuras, non temos un desexo real de liberdade.

 

Visto no blog Dharma en español. De Atisha’s Lamp for the Path to Enlightenment (La lámpara de Atisha para el camino al despertar), de Geshe Sonam Rinchen, editado e traducido [ao inglés] por Ruth Sonam, páxinas 30-31.Texto original en inglés.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s