Físicos afirman que a conciencia podería ser un novo estado da materia

Traducido desde Sciencealert.

 

A conciencia non é algo do que os científicos falen a miúdo. Non se pode ver, non se pode tocar, e a pesares dos esforzos de certos investigadores, non se pode medir. E na ciencia, se non podes medir algo, vas a sufrir para poder explicalo. Pero a conciencia existe, é un dos máis fundamentais aspectos que caracterizan ao ser humano. E do mesmo xeito que a materia escura e a enerxía escura foron utilizadas para encher os buratos no modelo estándar da física, uns investigadores propuxeron que sería posible considerar a conciencia coma un novo estado da materia.

Isto é so unha hipótese, e unha que se debería coller con pinzas, dado que se sitúa no  territorio do hipotético, no que hai moitísimos buratos a encher. Pero forma parte dun campo emerxente dentro da física teórica e da neurociencia, as cales intentan atopar certos principios básicos da conciencia que permitan facela máis observable.

A hipótese que nos ocupa foi lanzada no 2014 polo cosmólogo e físico teórico Max Tegmark, do MIT, que propuxo que hai un estado da materia –xusto coma o sólido, o líquido ou o gasoso- no cal os átomos se organizan para procesar información e dar lugar á subxectividade, e por fin, á conciencia. Cal sería o nome deste proposto estado da materia? Perceptronium.

Como Tegmark se ocupa de explicar no seu artigo científico:

“Xeracións de físicos e químicos estudaron que ocorre cando se agrupan enormes cantidades de átomos, e atoparon que o seu comportamento colectivo depende do patrón no cal se organizan: a clave entre o [estado] sólido, o líquido e o gasoso, recae non nos tipos de átomos, senón na súa organización.

Neste artigo, conxeturo que a conciencia pode ser comprendida como outro estado da materia. E do mesmo xeito que hai moitos tipos de líquidos, habería moitos tipos de conciencia.

Malia todo, isto non debería opoñerse ao noso intento de identificar, cuantificar, modelar, e por último comprender as propiedades características de tódalas formas de materia”.

Noutras palabras, Tegmark non está a suxerir que haxa grupos físicos de perceptronium en calquera parte do teu cerebro e correndo polas túas venas para dese xeito xerar a conciencia. Máis ben propón que a conciencia podería ser interpretada coma un patrón matemático –resultado, xa que logo, dun particular grupo de condicións [matemáticas]. E do mesmo xeito que baixo certas condicións poden aparecer estados da materia –coma o vapor, a auga ou o xeo-, tamén poden xerarse diferentes formas de conciencia, argumenta.

Atopar o que xera estes estados de conciencia, de acordo con condicións medibles e observables, axudaríanos a coñecer que é realmente a conciencia, tanto para un humano, para un mono, para unha mosca ou para unha supercomputadora.

Esta idea foi inspirada polo traballo do neurocientífico Giuliu Tononi, da Universidade de Wisconsin en Madison, que propuxo no 2008 que se un quería probar que algo tiña conciencia, había que explicar dúas características específicas. De acordo coa súa Teoría Integrada da Información, a primeira destas características sería que a conciencia deber ser quen de almacenarse, procesarse e de recuperar información. E, segundo, como se explica no blogue arXiv.org, esta información debe estar integrada dun xeito unificado, e daquela, resultar imposible de separarse en partes independentes.

Isto ven a significar que a conciencia debe ser considerada no seu conxunto, e non podería ser divisible en compoñentes separadas. O ser (ou sistema) consciente non ha de ser quen unicamente de almacenar e procesar información, senón que terá que facelo dun xeito que xere un conxunto completo, argumenta Tononi.

Se se che pasa pola cabeza que unha supercomputadora podería ter conciencia, este é o tipo de cuestión no que se centra Tononi.

Como escribiu George Johnson para The New York Times, a hipótese de Tononi –con moitas matemáticas- predí que mecanismos simples como un termostato ou un diodo fotoeléctrico poderían ter estalidos de conciencia –un eu subxectivo. Segundo os cálculos de Tononi, estes estalidos de conciencia non equivalen necesariamente a un sistema consciente, e inclusive poderían ser utilizados para medir canto de consciente é unha entidade.

Seis anos máis tarde, Tegmark propón que hai dous tipos de materia que poderían considerarse de acordo á Teoría Integrada de Información. O primeiro é o computronium, que cumpre co primeiro dos requisitos: almacenaxe, procesamento e lembranza de grandes cantidades de información. O segundo é o perceptronium, que cumpre co dito na sentencia precedente, pero que forma unha unidade indivisible coma a descrita por Tononi.

No artigo de Tegmark do 2014, este explora o que identifica como cinco principios básicos que poderían ser utilizados para distinguir a materia consciente doutros sistemas físicos como sólidos, líquidos e gases –“información, integración, independencia, dinámica e utilidade”. Adica trinta páxinas no intento de explicar como este novo tipo de pensamento no campo da conciencia podería explicar a perspectiva humana única do Universo. […] Este é un pensamento incompleto, porque Tegmark non ofrece unha solución. Como quizais supuxeches, non é algo que os seus colegas estean dispostos a asumir. Pero podes ler os seus pensamentos tal é como están presentados no seu artigo na revista científica Chaos, Solitons & Fractals.

Este é o problema con algo coma a conciencia –se non podes medir os teus intentos de medila, como vas a estar seguro de que a mediches?

Máis recentemente, os científicos tentaron explicar como a conciencia humana podería ser transferida nun corpo artificial –isto é real, hai unha start-up que quere facelo- e un grupo de físicos suízos suxeriron que a conciencia sucede en ‘rabanadas de tempo’ que teñen unha duración de milisegundos. Como Matthew Davidson, que estuda neurociencia da conciencia na Monash University de Australia, “aínda non sabemos moito sobre a conciencia, pero é máis probable que se trata de algo que temos que considerar que esta fora do que significa ser humano”. “Se a conciencia é, de feito, unha característica emerxente dunha rede altamente integrada, como la Teoría Integrada da Información propón, logo probablemente tódolos sistemas complexos –certamente, tódalas criaturas con cerebro- terían algunha mínima forma de conciencia”, afirma. “Por extensión, se a conciencia se pode definir pola cantidade de información integrada nun sistema, logo pode ser que teñamos que movernos máis aló de calquera excepcionalidade humana que pretenda que a conciencia é soamente nosa”.

Aquí podes ver a charla en TED de Tegmark, en relación ao patrón matemático da conciencia.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s