Soñei

esperto soñei

cos ollos ben abertos

que era un bardo

na miña Artabria amnésica

esperto soñei

co sorriso na cara

e as bágoas no ventre

que xa estaba alí, na casa

aturuxo, aturuxo

 

esperto soñei

que mordía o tempo

xugo saboroso e fecundo

a lingua, a terra

 

esperto soñei

coa xente á miña medida

coa faísca dos pinos, o arume do mar

os tambores etéreos, o estertor da noite estrelada

 

esperto soñei

cos meus ollos chineses

na beira dun valado en ruínas

o agarimo de ver aos meus bailando

 

esperto soñei

cos montes cubertos de paxaros liviáns

que bicaban o ceo no lusco e fusco

cemiterio no alto, incenso daquel vello

 

esperto soñei

no frío

no rumoroso tremor do meu peito

as gaitas e os acordeóns

 

esperto soñei

feliz

tiriquitán, tiriquitán

comprendendo todo

Anuncios

Un comentario en “Soñei

  1. Pingback: Soñei – uxiogeno

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s